Daniel Castro comeza a campaña do 23X ao Congreso coa estimación do CIS a favor

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Daniel Castro arranca en Lugo a campaña electoral do 23X para o Congreso coa estimación do CIS a favor do BNG
inicio campana bng daniel castro congreso
7 Xul 2023

O número un do BNG por Lugo, Daniel Castro, inicia a andaina electoral que o levará ata a Congreso de Madrid. Este feito confirmouse no día de onte cando a última estimación de voto do CIS revelou que a provincia de Lugo acadará un deputado polo BNG.

Castro ve necesario que Lugo teña representación do Bloque despois de ver como pasan os anos e os gobernos do Estado. Este 23X Lugo vai mudar da pregunta do “e se conseguimos deputado por Lugo!” ao “Lugo claro que si!”, e para conseguilo apela á xente moza para “dar ese acelerón que encha as urnas de votos ao BNG”.

O número un pola provincia indica que a enquisa deixa claro que “o voto útil na provincia de Lugo é o do Bloque” porque pode frear o aguillón da dereita e restar o deputado do Partido Popular co que “nos estamos xogando a representación”.

Dende Lugo, insiste, é posible parar o “binomio do PP e de VOX”, polo que considera fundamental concentrar todo o voto nacionalista e de esquerda que queira que Galiza vaia a máis “tamén no Congreso dos Deputados e das Deputadas”.

O BNG “sae a por todas” co convencemento de que “no Congreso é posible crear un grupo galego forte que colocará Galiza e Lugo no mapa facendo valer os seus intereses ante o Goberno do Estado”, declarou Daniel Castro. 


INICIO DE CAMPAÑA DO PP

O Partido Popular, co ex conselleiro Francisco Conde á fronte, participou no inicio da campaña diante da súa sede provincia en Lugo. Estiveron presentes os candidatos ao Congreso e ao Senado. A sesión estivo dirixida pola intervención que fixo Conde.

inicio campana pp lugo congreso
0.18310379981995