Dani Vega será alcalde de Ribadeo

AMariñaXa
O PP de Daniel Vega triunfou na vila con 7 concelleiros, o Bloque Nacionalista de Pablo Vizoso obtivo 5 e 1 foi para o PSOE de Marta Rey
Ribadeo victoria PP 2023 eleccions
1 Jun 2023

O PP de Daniel Vega triunfou na vila con 7 concelleiros, o Bloque Nacionalista Galego de Pablo Vizoso obtivo 5 e 1 foi para o PSOE de Marta García Rey.

O popular Dani Vega conseguiu devolver a maioría absoluta ao PP en Ribadeo tras anos de estar na oposición. Nestes comicios, o PP de Vega acadou 7 concelleiros fronte aos 5 obtidos polo BNG de Pablo Vizoso e 1 do PSOE de Marta Rey. Vega sumou 3 escanos respecto ao 2019 e o BNG e o PSOE baixaron respectivamente 2 e 1.

O futuro rexedor está estreitamente vencellado co sector agrogandeiro pois, como técnico agrícola, desenvolveu o seu labor profesional nunha cooperativa do sector lácteo realizando labores de asesoramento gandeiro.

“O meu obxectivo principal e o do meu equipo segue a ser o mesmo, poñer a Ribadeo na cima. Nestes últimos catro anos fixemos un bo traballo transmitindo confianza coas nosas actuacións e seguiremos nesa liña de ilusión, xestión e traballo.” di.

Para o candidato popular é urxente un impulso económico para o municipio co aumento da oferta de solo industrial cunha baixada do prezo, reducir os seus impostos e así impulsar o polígono para atraer máis empresas e dinamizar o comercio e a hostalería.

Vega explica tamén que é importante mellorar as vías e estradas, solucionar o tema do Hospital Asilo e ver o centro de saúde construído”.

CONCELLEIROS ELECTOS

  • Daniel Vega Pérez PP
  • Begoña Sanjurjo Santar PP
  • Marta Saiz García PP
  • Montse Seijo Díaz PP
  • Diego dos Santos Rodríguez PP
  • Elena Sierra Pulpeiro PP
  • Francisco José Silvent Villalba PP
  • Pablo Vizoso Galdo BNG
  • Mónica Freire Rancaño BNG
  • Vicente Castro Reigosa BNG
  • Jorge Díaz Freije BNG
  • Pilar Otero Cabarcos BNG
  • Marta García Rey PSOE

O popular engade que “temos tamén entre as nosas prioridades converter o antigo colexio das monxas nun edificio para a Escola de Música de Ribadeo e garantir e renovar o sistema de abastecemento da auga”.

Desde o BNG de Ribadeo dixeron que asumen o papel que lles outorgou a cidadanía e “cumpriremos coa función de oposición sen defraudar. Seguiremos a traballar coa mesma ilusión de conformarmos un equipo potente que desde xa comezará a asumir o seu papel. Agora toca recoñecer a victoria do PP, tomar nota da vontade da cidadanía e analizar as causas dos resultados”.

ribadeo 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1799910068512