Curso gratuito sobre a incidencia da varroa nas colmeas, o vindeiro día 11 de maio no CFEA Pedro Murias
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias de Ribadeo en colaboración coa asociación 'Os Abelleiros' organizan un curso sobre a incidencia da varroa nas colmeas.
O curso será impartido por Carlos Marín, veterinario apícola, e terá lugar o día 11 de maio de 10 a 14:00 horas no CFEA Pedro Murias en Vilaframil, Ribadeo. A entrada é libre e gratuita.
A Varroa é un xénero de ácaros que produce a enfermidade denominada varroase. É un ectoparásito (parásito externo) forético das especies de abella Apis mellifera e Apis cerana, que se reproduce sobre os seus estadios larvais e pupais (cría aberta e operculada).
Tamén afecta á abella en estado adulto usándoa como transporte, é dicir, vivindo en estado forético sobre ela. Pode destruir as colmeas, o que ocorre xeralmente durante o inverno. A plaga iniciouse nas Filipinas e expandiuse ampliamente polo mundo, sendo a maior ameaza para a rendibilidade das explotacións apícolas e do medio ambiente en xeral, xa que a maioría das polantas e cultivos dependen das abellas, como principais polinizadoras.