Cubelas, en Ribadeo, honrará a San Vicente
A parroquia de Cubelas, en Ribadeo, acolle o vindeiro 25 de xaneiro a festa na honra de San Vicente, unha festividade moi arraigada na parroquia e na que se poderá gozar do seu prato estrela, os callos.
A festa comezará coa misa solemne ás 13.00 horas seguida da sesión vermú a cargo de Jaime Paredes. Máis tarde, ás 15.00 horas servirase o xantar a base de callos e codelo asado, sobremesa de torta primavera, viño, auga e café. Todo elo por un prezo de 26 euros por persoa agás os nenos de 5 a 10 anos que pagarán 13 euros.
Despois do xantar a festa volverá estar animada con Jaime Paredes, unha sesión de bingo, xogos, sorteos e moitas sorpresas.
Para asistir será necesario reservar os tíckets chamando ao teléfono 606 407 224, 686 428 248 ou 676 825 905. Antes do 19 de xaneiro.