Crítica do BNG do Valadouro á eliminación de contedores soterrados

AMariñaXa
Os concelleiros do BNG do Valadouro piden explicacións sobre a retirada dos contedores subterráneos existentes en Ferreira do Valadouro.
supresion contedores soterrados valadouro
21 Feb 2021

Os concelleiros do BNG do Valadouro, Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro, piden explicacións ao goberno local sobre a retirada dos contedores subterráneos existentes en varios puntos da vila de Ferreira do Valadouro, cinco illas ecolóxicas que foran instaladas no ano 2011 con cargo ao Fondo de Compensacion Ambiental cunha inversión de 189.862 euros, para as cinco illas, e mais para un vehículo retrocargador para a recollida de lixo.

Agora mesmo, segundo explican, retiráronse os que estaban instalados na avenida Deputación, fronte ao xeriátrico, e na avenida da Veiga, fronte ao centro de saúde.  "Parécenos unha mala xestión dos cartos públicos, e tamén unha merma na calidade do servizo, por eso queremos saber cales son os motivos da retirada desa infraestructura medioambiental, e cal é tamén o coste da operación", afirman desde o BNG.

E pregúntanse tamén "a que se debe o cambio de parecer do grupo socialista, cando no ano 2011 defendían a instalación dos mesmos?" Todas estas cuestións serán levadas ao próximo pleno e preguntarán tamén se é intención do goberno municipal desmontar as tres illas restantes. "Parece que a alcaldía camiña marcha atrás na xestión do lixo", conclúen.

Para os nacionalistas "chove sobre mollado" no tema da recollida, sendo este servizo "unha asignatura pendente na que o Concello do Valadouro suspende continuamente", pois recordan desde o BNG tamén a "insitente negativa" do goberno municipal de Edmundo Maseda a xestionar directamente o servizo, proposta que o BNG sempre defendeu, "pois o servizo é moi mellorable e deben aumentarse as prestacións", como demandaron en mais dunha ocasión.

Así mesmo, Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro propoñen "algo de suma importancia como é a recollida selectiva de lixo no rural, que parece que se está empezando a facer a instancias do BNG", e a recollida de plásticos de silos.

REPARTO DE CONTEDORES

Precisamente esta semana, o Concello o reparto de contedores amarelos nas parroquias para esa recollida selectiva, de forma paula en todos os núcleos de poboación.

Tamén indicaban que en Nadal desenvolveuse unha campaña de sensibilización enviando información dos residuos que se depositan en cada contedor aos domicilios.

contedores ferreira valadouro
0.16698598861694