Cova do Can organiza a primeira edición da Noite Rock en Burela

AMariñaXa
Trátase dun encontro aberto no que os socios e socias poderán gozar da música en boa compañía
Cova-do-can-noite-de-rock-burela-2025
1 Feb 2025

A agrupación musical Cova do Can organiza a primeira edición da Noite Rock en Burela, un evento que terá lugar o sábado 8 de febreiro a partir das 20.00 horas.

Segundo sinala a organización, trátase dun encontro aberto no que os socios e socias poderán gozar da música en boa compañía, pero no que tamén está convidado todo aquel que queira sumarse á festa. A xornada arrancará en L'Urbana cunha sesión rock a cargo de Dj PEPU, que pinchará de 20:00 a 21:30 horas. A partir das 22:00 celebrarase unha cea no restaurante A Mares e, desde as 23.00, continuará a sesión musical con Dj XEVI, tamén no mesmo local.

Para asistir á cea, que terá un prezo de 28 euros, é necesario realizar unha reserva previa antes do 7 de febreiro. O menú inclúe unha selección de entremeses variados, croquetas, luras, cachopo, bebidas, sobremesa, café e chupo.

0.17351508140564