Costas comeza a reparación de varios accesos a praias na Mariña

AMariñaXa
Costas comeza a reparación de varios accesos a praias na Mariña. O obxectivo é ter acabadas as obras antes da temporada estival
costas rocas brancas ribadeo
11 Maio 2021

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informa de que a Xefatura provincial de Costas comezou hoxe o arranxo de varios accesos a praias da Mariña que se atopan pechados por mor dos danos ocasionados polos temporais do último inverno.

Isabel Rodríguez anunciou que os traballos comezaron hoxe no acceso ao areal de Rocas Brancas, no concello de Ribadeo, e para as próximas semanas hai previstas novas actuacións para recuperar as escaleiras da praia de Coto, no municipio de Barreiros, o acceso á praia de Arealonga, en Foz, e no espigón da praia da Marosa, en Burela.

A subdelegada indicou que estes traballos están incluídos no plan de conservación e mantemento do litoral e o seu custe estímase nuns 30.000 euros.

Rodríguez explicou que o obxectivo de Costas é ter acabadas as obras antes do comezo da próxima temporada estival.

0.19247984886169