Cospeito, Monforte e Riotorto lideran a posta en marcha da rede Parques sen fume

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | AMariñaXa
Tres parques da provincia de Lugo pasan a formar parte da Rede galega de parques sen fume na que se incorporan xa os 18 primeiros.
18 Jan 2023

Tres parques da provincia de Lugo pasan a formar parte da Rede galega de parques sen fume na que se incorporan xa os 18 primeiros. Trátase en concreto do parque da Compañía en Monforte, o periurbano da Feira do Monte e o parque infantil do centro sociocultural de Riotorto.

A creación desta rede tivo lugar no Consello da Xunta de finais do mes de novembro, e para incentivar e premiar os concellos que primeiro decidiran adherirse a esta rede, a Xunta facilitou de forma gratuíta o material de sinalización, sendo preto de 20 os concellos que deron de inmediato ese primeiro paso.

O obxectivo do Executivo galego é crear máis espazos públicos libres de tabaco nas vilas galegas. Esta programa que se acaba de por en marcha é unha continuación doutra iniciativa de éxito como é Praias sen fume, que a Xunta creou no 2016, e da que xa forman parte 80 concellos de toda Galicia, en total 214 praias libres do fume do tabaco.

Tanto a rede galega de praias sen fume como a de parques teñen un fin educativo e de sensibilización social, salientando a importancia da conduta da poboación adulta, para que sirva de modelo para os máis novos. De aí que os obxectivos de parques sen fume sexan a promoción dunha vida sen tabaco e a desnormalización do seu consumo; así como o respecto e coidado dos espazos públicos e do medio ambiente.

Os concellos participantes nesta iniciativa adquiren unha serie de compromisos entre os que citou, a identificación e sinalización dos parques con materiais da rede facilitados pola Consellería de Sanidade.

Ademais, os concellos comprométense a difundir entre a poboación os folletos informativos e de sensibilización. Tamén se comprometen a desenvolver actividades encamiñadas a lograr unha sociedade libre de tabaco, así como dar soporte a accións levadas a cabo no ámbito escolar, e, así mesmo, organizar e impartir charlas sobre os beneficios de non fumar.

TABAQUISMO

As cifras dos últimos anos indican que ao redor do 20% da mocidade entre 16 e 24 anos fuma diariamente, e lograr que estas cifras baixen é un obxectivo prioritario para o departamento sanitario galego. Ao respecto, o 75% das persoas enquisadas por Sanidade son partidarias de seguir aumentando o crecemento de espazos públicos sen fume.

Así mesmo, a Xunta anunciou que traballa no desenvolvemento dunha lei de prevención de adicións en menores, “que vai abarcar a prevención dun xeito moi intenso e así como traballar no aumento da percepción do risco co fin de diminuír a aceptación social”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17876386642456