Córtase o tráfico nas rúas Lamestra e na do Correo de Burela

AMariñaXa
As rúas Lamestra e a do Correo de Burela sufrirán cortes que se manterán nas vindeiras semanas con motivo das obras que se están a desenvolver en ambas vías.
30 Abr 2024

As rúas Lamestra e a do Correo de Burela sufrirán cortes que se manterán nas vindeiras semanas con motivo das obras que se están a desenvolver en ambas vías. No caso da rúa Lamestra, estanse a realizar nela uns traballos de humanización a carón do parque, dos que se agarda que estean finalizados antes das festas patronais de Burela.

Ademais, a Policía Local avisa de que, para facilitar chegar á rúa Pardo Bazán desde a rúa Rosalía de Castro, dentro duns días cambiará o sentido de circulación na rúa Cova Moura, algo do que se informará de xeito convinte nos días anteriores. Por outra banda, na rúa do Correo vaise realizar unha actuación de urxencia para arranxar un socavón presente debaixo da estrada, de novo antes da celebración das festas patronais.

O carril afectado xa se atopa inhabilitado e sinalizado. Actualmente se está tramitando un contrato de emerxencia co obxectivo de comezar as obras esta semana ou a semana que vén. “Ao detectar o socavón nunha vía tan importante para a celebración das festas, puxémonos a traballar inmediatamente, tanto para evitar os riscos derivado da súa presencia como pola proximidade dunhas datas tan sinaladas”, explicou o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.

Trátase dunha obra sinxela pero que ten as súas particularidades, “posto que por alí pasan liñas eléctricas de alta tensión, e isto isto dificulta a obra”, sinalou o edil. Están á espera dunha análise máis profunda para comprobar ademais que non haxa problemas de filtracións de auga. “Pedímoslle paciencia á veciñanza, xa que é necesario realizar estas obras canto antes para evitar males maiores”, concluíu.

0.11605310440063