Correxirán as problemáticas na vivenda comunitaria da Pontenova ante a queixa dos usuarios

AMariñaXa
O BNG desde un primeiro momento estivo en contacto cos usuarios e usuarias deste servizo, que son nove agora mesmo
Manuel-Pérez-Vázquez-e-Xorxe-Gómez-Rico-vivenda-comunitaria-a-pontenova
10 Out 2024
Desde hai máis dun ano, as usuarias e usuarios da vivenda comunitaria da Pontenova que pertenece ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia veñen formulando queixas pola calidade da comida servida por unha empresa de cátering. O BNG desde un primeiro momento estivo en contacto cos usuarios e usuarias deste servizo, que son nove agora mesmo. O concelleiro Xorxe Gómez Rico mantivo contactos durante todo este tempo cos maiores aloxados na vivenda facendo seguimento da situación da mesma. A

Así mesmo o deputado mariñao Daniel Castro reuniuse tamén con eles e Olalla Rodil que tamén recolleu as súas demandas rexistrou iniciativas ao respecto no Parlamento. Un representante da empresa reuniuse cos usuarios e ante o portavoz dos mesmos, Manuel Pérez Vázquez e máis do edil nacionalista Xorxe Gómez Rico comprometeuse a corrixir as eivas e normalizar o servizo para que sexa ofrecido nas debidas condicións.

Desde o BNG congratúlanse de que este problema entrara e vías de solución e recordan tamén que en materia de servizos sociais e atención ás persoas maiores hai que impulsar un modelo que supere a consideración das persoas usuarias dos servizos sociais en xeral e das maiores en particular, como meras receptoras de servizos para ser consideradas suxeitos de dereitos, e promover a súa capacidade de decisión, plena e autónoma, a súa participación así como o desenvolvemento do seu proxecto de vida gararantido os medios e apoios para tal fin.

0.13147497177124