Convocan unha nova edición do Premio Díaz Jácome de Poesía

AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo convocou a XXII edición do premio de poesía Díaz Jácome con data límite de presentación o 15 de setembro.
concurso poesia
22 Mar 2021

O Concello de Mondoñedo convocou a XXII edición do premio de poesía Díaz Jácome dirixido mozos creadores e que este ano ten como data límite de presentación o 15 de setembro.

As bases especifican que deben presentarse un máximo de 150 versos, escritos en galego e sempre orixinais e inéditos. Poden concorrer persoas de calquera nacionalidade co único requisito de non superaren os 30 anos.

Para optar aos premios de 1.500, 600 e 300 euros, os poetas deben presentar catro copias das súas creacións, baixo un lema ou título pero identificándose como autores nun sobre aparte pechado.

Os premiados serán convidados o recital Mondoñedo é Poesía que se celebra o 1 de maio.

As obras deberán enviarse ao Concello de Mondoñedo, Praza do Concello, 1, co código postal 27740. Deberá figura a indicación XXII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.

O xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e fará pública a súa deliberación no mes de novembro de 2021.

Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da biblioteca pública municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello, sen necesidade do permiso do autor ou autores, aínda que en ningún
momento perderá os seus dereitos.

0.19326901435852