Convocan unha concentración diante do centro de saúde de Ribadeo
AMariñaXa
O BNG convoca unha concentración diante do centro de saúde de Ribadeo o vindeiro xoves 4 de agosto ás 12.00 horas
3 Ago 2022
O BNG convoca unha concentración diante do centro de saúde de Ribadeo o vindeiro xoves 4 de agosto ás 12.00 horas co fin de dar repercusión á grave situación que está atravesando a atención primaria e a sanidade pública na Mariña.
"Existen moitos problemas en centros de saúde da comarca como o caso do PAC de Ribadeo nesta pasada fin de semana", din dende o grupo nacionalista, " e fai constar a inoperancia da Consellería de Sanidade e do Partido Popular".