Convocan en Viveiro un concurso de fotografía sobre o traballo e a muller

AMariñaXa
Viveiro convoca o concurso de fotografía Traballos e Mulleres sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como privado.
concurso mulleres foto viveiro portada
15 Mar 2021

Viveiro continúa coas actividades con motivo do Día Internacional da Muller. O concurso de fotografía Traballos e Mulleres diríxese a fotógrafos/as aficionados que deberán presentar fotografías sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como privado.

O Concello de Viveiro pretende con este concurso visibilizar o papel feminino en todos os sectores da sociedade.

Concederanse tres premios, de 300, 150 e 100 euros, ademais dun galardón á obra máis votada polo público de 100 euros.

Os participantes xa poden compartir as súas imaxes. As persoas interesadas deben dirixirse á web https://fotografia.traballosemulleres.com/ cubrir o formulario cos seus datos e subir a fotografía coa que desexen participar. Na web tamén se atopan as bases deste certame.

concurso viveiro traballo mulleres
0.17345499992371