Convocan en Viveiro o III premio de novela Vilar Ponte

AMariñaXa
O Concello de Viveiro publicou as bases do III Premio de Novela Vilar Ponte. O prazo de presentación acabará o próximo 31 de xullo.
premio novela vilar ponte viveiro
13 Abr 2021

O Concello de Viveiro publicou as bases do III Premio de Novela Vilar Ponte, un certame que naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

Tras o éxito das dúas primeiras edicións, o Concello viuse na obriga de aprazar o ano pasado a terceira, debido á situación sanitaria derivada da pandemia do coronavirus

Como en anos anteriores, tanto a extensión como a temática das obras é libre e cada orixinal será presentado en catro copias en papel, sen firma pero con título e lema en sobre pechado.

“Estamos moi satisfeitos pola calidade e a cantidade dos exemplares recibidos no 2018 e no 2019, as dúas edicións foron un éxito e queremos consolidar o premio dentro do escenario da literatura galega”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

O prazo de presentación acabará o próximo 31 de xullo e o lugar para enviar os orixinais será o Concello de Viveiro. Haberá un primeiro permio de 4.000 euros e un segundo de 1.000 euros, coas súas correspondentes placas e diplomas. O acto de entrega será no Teatro Pastor Díaz.

Natalia Carou Figueira, con O mal querer, foi a gañadora da pasada edición, mentres que na estrea o xurado elixiu Matar o heroe, de Adolfo Caamaño.

Consulta as bases neste enlace.

cartel novela vilar ponte premio
0.20588397979736