Convocan aos hostaleiros de Burela para falar da nova ordenanza de instalación e uso de terrazas
A alcaldesa de Burela, Carmela López, convocou aos hostaleiros e hostaleiras da vila a unha reunión para falar da nova ordenanza de instalación e uso de terrazas no espazo público do concello.
O encontro será mañá, mércores 15 de novembro, ás 17:30 horas no salón de plenos do Concello de Burela. López explicará ao sector os obxectivos da nova ordenanza e escoitará as demandas e inquedanzas dos hostaleiros, na búsqueda do maior consenso.
“É un tema importante e queremos ir da man do sector, combinando a actividade e a convivencia cos veciños, así como outros aspectos como a estética das terrazas, o espazo que deben ocupar ou o prazo de adaptación a estas novas medidas”, afirma a alcaldesa.
Ademais da reunión, están abertas as enquisas públicas de participación veciñal para opinar sobre o uso das terrazas, o tráfico e o mercado semanal.
Pódese participar nas enquisas a través da web do concello ou de maneira presencial, mediante instancia xeral polo rexistro de entrada.
Podes participar aquí.
https://galiciaxa.com/2023/11/amxa/zonas-amxa/burela-amxa/236934/