Convocan a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá
A Concellería de Cultura convoca a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará durante os sábados e domingos de novembro.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou que “as bases do certame aparecen publicadas na páxina web do Concello e o prazo de inscrición remata o 29 de setembro. Pódese enviar a documentación ao Concello de Lourenzá.
As representacións terán lugar no edificio multiusos Ponte de Cuñas os sábados e domingos do mes de novembro, establecéndose un máximo de oito (a organización, en función da calidade das obras, poderá modificar o número de representacións). O horario será establecido pola organización.
No mes de decembro terá lugar a entrega de premios nunha gala na que haberá unha representación teatral ou musical profesional. Para cada premio o xurado seleccionará tres nominados. Será na gala cando se coñeza o gañador de cada categoría.
Cada grupo ou compañía de teatro seleccionado recibirá a cantidade de 350 euros en concepto de participación, desprazamento, montaxe, etc.
Ademais haberá diferentes premios como o premio Conde Santo á mellor representación dotado con 750 euros, o premio Lourenzo ao mello actor, o premio Ana á mellor actriz, premios aos mellores actores de reparto, á mellor posta en escena e un especial do público.