Convocan a 37ª edición da Feira do Mel do Valadouro
AMariñaXa
O evento celebra a excelencia do noso mel e o coidado traballo dos nosos apicultores

3 Oct 2024

A Concellería de Cultura do Concello do Valadouro presenta unha nova edición da Feira do Mel, unha cita que chega a súa 37 convocatoria e que se celebrará o sábado 12 de outubro. Trátase dunha das citas máis esperadas e queridas do outono na vila e en toda a bisbarra.
O evento celebra a excelencia do noso mel e o coidado traballo dos nosos apicultores. Esta xornada completaráse ademais da venda de mel e material apícola, con obradoiros de vlas, degustación de eco-cócteles, filloas con mel, castañas, contacontos, ambientación musical e moitas máis sorpresas.