Convocado o XXIII Premio de Poesía Díaz Jácome de Mondoñedo
AMariñaXa
Convocado o XXIII Premio de Poesía Díaz Jácome de Mondoñedo. Poderán participar menores de 30
22 Feb 2022
O Concello de Mondoñedo convoca o XXIII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores no que poderán participar menores de 30 anos con poemas orixinais e inéditos, escritos en galego e non premiados noutros concursos.
As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do autor. Os orixinais non poderán ir asinados e deberán ser presentados nun sobre aparte e cerrado.
O prazo de admisión de orixinais remata o día 15 de setembro de 2022 e deberán enviarse a ao Concello de Mondoñedo.
Este concurso consta de tres premios que recibirán un premio en metálico, placa e diploma, o primeiro de 1.500 euros, un segundo de 600 euros e un terceiro de 300 euros.