Convocado o xantar de Nadal dos usuarios dos centros sociais de Riotorto
TerraChaXa | AMariñaXa
A xornada contará coa actuación do dúo Dilema
7 Dec 2024
O día 18 de decembro, mércores, o Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal especialmente dirixida a todos aqueles que participan nas actividades dos centros sociais.
O menú consta de fabada asturiana, codillo ao forno con patacas fritas, tarta de Riotorto e café. O prezo desta comida é de 25 euros por persoa e terá lugar no centro sociocultural de Riotorto servida polo mesón O Sarredo a partir das 14.30 horas.
Os interesados en inscribirse poden facelo nos propios centros sociais ou no Concello antes do 15 de decembro. Terán preferencia as persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais.
A xornada contará coa actuación do dúo Dilema.