Convocado o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar

AMariñaXa
O Concello de Xove vén de convocar o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar.
VIII concurso de fotografia medioambiental Xove 2022 1
16 Jun 2022

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Haberá unha única categoría e cinco agasallados con premios en metálico. Para o primeiro serán 120 euros, o segundo levará 100, o terceiro 90, o cuarto 75 e o quinto 65 euros.

A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove.

As fotografías deberán presentarse en formato dixital , jpg, en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

A documentación a presentar para participar no concurso será a ficha de inscrición, a copia do NIF do concursante e un CD que conteña as imaxes dixitais.

O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse antes do 9 de setembro, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación.

Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. As Bases Reguladoras da Convocatoria e a Ficha de Inscrición-Autoría a poden atopar na Sede electrónica, ubicada na páxina web www.xove.es.

VIII concurso de fotografia medioambiental Xove 2022
0.17267298698425