Convocado o II Concurso de relatos dirixido a persoas maiores de 65 anos de Asturias

AMariñaXa
A Federación Asturiana de Concellos convoca a Segunda edición do Concurso de relatos curtos escritos ou en formato audio/audiovisual dirixido a persoas maiores de 65 anos empadroadas no Principado de Asturias.
22 Jan 2023

A Federación Asturiana de Concellos convoca a Segunda edición do Concurso de relatos curtos escritos ou en formato audio/audiovisual dirixido a persoas maiores de 65 anos empadroadas no Principado de Asturias.

A través desta iniciativa, preténdese visibilizar as súas habilidades, coñecementos e valores así como o reflexo das súas vidas e experiencias vitais.

Poderá participar calquera persoa maior de 65 anos residente nalgún municipio asturián e poderanse presentar un máximo de dúas obras por participante.

O tema do relato será libre incluíndo referencia a algún xogo/s da infancia así como a narrativa pode libre ou testemuño autobiográfico.

Quen desexe participar deberán enviar a súa obra por correo electrónico á dirección redconsalud@facc.info, ou por correo postal a Federación Asturiana de Concellos, praza de Rega 5 e 6, 4ª planta, 33003 Oviedo. Os audios poderán tamén ser enviados por whatsapp ao teléfono 684 641 270.

O prazo para a recepción de obras será ata as 23.59 horas do 24 de febreiro de 2023. Sendo imprescindible cubrir o formulario dispoñible.

A extensión mínima do relato será de dúas caras e non poderá ser maior de catro, cun tamaño de letra 14, interlineado 1,5 é de tipografía Verdana.

Os audios ou vídeos non poderán exceder os 4 minutos de duración e deberán ser en formato mp3 ou mp4.

O certame terá un primeiro premio valorado en 500 euros e tres mencións: ao asturianu/eonaviego, á obra procedente de centros
residenciais, e á obra procedente de programas municipais. Cada mención terá un valor de 250 euros.

O relato gañador e os 10 finalistas editaranse en formato papel e ademais o gañador publicarase en formato audiovisual.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16963195800781