Convocado o concurso de carteis para a XXXVII Feira do Bonito de Burela, que o 5 e 6 de agosto

AMariñaXa
A Sociedade Cultural Ledicia de Burela volve convocar o concurso de carteis para a XXXVII Feira do Bonito, que será os días 5 e 6 de agosto.
feira bonito burela
3 Maio 2023

A Sociedade Cultural Ledicia de Burela volve convocar o concurso de carteis para a XXXVII Feira do Bonito, que será os días 5 e 6 de agosto.

O concurso conta con dúas categorías, A, ata 14 anos, e B, maiores de 14 anos. O encabezamento do traballo será XXXVII Feira do Bonito, e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración.

A técnica a empregar é libre, pero no caso de traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso. As medidas para os traballos son 15x20 cm para a categoría A, e 50x65 cm para a B.

Os orixinais poden entregarse ata o día 30 de maio de 2023 no local social da Sociedade Cultural Ledicia situada no rua do Ril número 4,  de xeito persoal os luns entre as 21.00 e as 21.45 horas. Tamén poderase enviar por correo contactando con algunha persoa da xunta directiva.

Premiarase un traballo por categoría, así o gañador da categoría A será para o programa de man, e o da categoría B para o cartel anunciador da Feira. Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e serán entregados o propio dia da celebración

concurso carteis feira bonito 2023 burela
0.15678191184998