Convocada unha reunión este sábado en Viveiro para organizar os actos do 8 de marzo

TerraChaXa | AMariñaXa
1 Feb 2019

Este sábado 2 de febreiro, ás 12h, terá lugar na Sala Multiusos do Concello de Viveiro, unha asemblea aberta de mulleres coa finalidade de dar a oportunidade de participar ás asistentes, na organización dos actos relacionados co 8M. Así mesmo, desenvolverase un coloquio informativo acerca das reivindicacións para o 8M, o papel dos homes na folga e as características da folga de consumo, de coidados e estudiantil, entre outras temáticas.

A Asemblea Galegas 8M xorde da necesidade de repensar o 8 de marzo en chave galega a través de xuntanzas abertas nas distintas cidades e vilas de todo o país. Diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza tecemos a rede e comezamos a traballar na organización da Manifestación nacional do Día das Mulleres que terá lugar o 3 de marzo en Lugo así como no Paro Internacional de Mulleres do vindeiro 8 de marzo.

Por outra banda, o vindeiro 8 de febreiro ás 19:00h terá lugar o segundo encontro comarcal de mulleres na Sala Multiusos da Casa da Cultura en Burela. Baixo o lema POR TODAS AS MULLERES, POR TODOS OS DEREITOS: REVOLTA FEMINISTA!.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19340395927429