Convocada para o luns a mesa multilateral sobre Alcoa

TerraChaXa | AMariñaXa
O secretario xeral de Industria do Goberno central, Raúl Blanco, convocou "con carácter de urxencia" para o vindeiro luns unha reunión da mesa multilateral sobre o futuro da planta de Alcoa San Cibrao en Cervo.
26 Dec 2020

O escrito de convocatoria remitido aos sindicatos concrétase que será un encontro telemático a partir das 18,30 da tarde. Ademais da representación dos traballadores e do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, neste órgano participa tamén a Xunta.

Esta reunión da mesa multilateral producirase días despois de que Alcoa anunciase un recurso ante o Tribunal Supremo contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que tombou o ERE na planta de San Cibrao por percibir "mala fe" nas intencións da multinacional.

0.15379405021667