Convocada a VI edición do concurso de Fotografía Turismo O Vicedo

AMariñaXa
O Concello do Vicedo convoca o Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo, a que será a sexta edición, no que haberá 600 euros en premios.
2023 VI Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo
10 Xul 2023

O Concello do Vicedo convoca unha nova edición do Concurso de Fotografía Turismo O Vicedo, a que será a sexta edición, no que haberá 600 euros en premios.

O tema escollido fará referencia ao patrimonio histórico do Vicedo e a súa calidade como destino turístico. Contendo aspectos relacionados con isto como os monumentos, as igrexas pontes ou elementos arquitectónicos.

O tamaño mínimo das fotografías (non sendo o recheo en branco unha opción para cumprir estas) será de 30 x 45 cm e o máximo de 40 x 60 cm. Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres fotografías.

Todos os participantes deberán enviar ademais, os arquivos en formato jpg das fotografías participantes, cun tamaño mínimo de 2MB e resolución de 300ppp á seguinte dirección de correo electrónico concursofotografiaovicedo@gmail.com.

Ao dorso de cada fotografía farase constar o pseudónimo elixido polo participante, o título da obra e o nº de fotografía.

As fotografías poderán ser entregadas presencialmente na Casa da Cultura e pódese participar ata o 14 de agosto e o fallo do xurado será feito público ao día seguinte.

Establécense tres premios, un primeiro de 300 euros, un segundo de 200 e un terceiro de 100 euros. A entrega de premios realizarase en acto público o 18 de agosto de ás 21.00 horas na casa da cultura do Vicedo.

0.18104004859924