Convocada a IX edición do concurso de debuxo e poesía Avelino Díaz

TerraChaXa | AMariñaXa
O fallo do xurado darase a coñecer en xuño e a entrega do mesmo terá lugar o día 19 do mesmo mes
concurso-avelino-diaz
1 Mar 2026

Os concellos de Meira e Riotorto veñen de convocar a novena edición do Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, aberto a toda a poboación e co obxectivo de lembrar a figura deste representante da cultura na zona.

O concurso dividirase en catro categorías de idade, de 3 a 8 anos, de 9 a 12, de 13 a 17 e de 18 en adiante. Os máis pequenos só terán categoría de debuxo e os maiores de idade a de poesía e relato curto. Para o resto só será a de poesía.

No apartado de debuxo, poderán presentarse obras en formato e temática libre, mais os poemas e o relato curto deberán estar escritos en galego, cunha extensión no segundo caso de entre 1 e 6 folios. Poderán presentarse ata tres poemas.

O prazo de presentación é ata o 17 de maio e o lugar de recollida de traballos é a Asociación Avelino Díaz de Meira. Establécense tres gañadores en cada categoría. Para os máis pequenos os agasallos serán de diplomas, lotes de material escolar ou libros. O gañador na categoría de 9 a 12 anos recibirá un libro electrónico, o da seguinte categoría unha tableta e os adultos terán un premio económico de 500 euros para poesía e tamén para relato.

O fallo do xurado darase a coñecer en xuño e a entrega do mesmo terá lugar o día 19 do mesmo mes, ás 19.00 horas, no salón de plenos do Concello de Meira.

0.1071150302887