Convoca para a vindeira semana a mesa industrial para buscar solucións para Vestas

AMariñaXa
Os socialistas rexeitan o peche de Vestas en Viveiro e emprazan á Xunta a buscar alternativas para o mantemento dos postos de traballo
vestas viveiro protesta 29 setembro
1 Out 2021

A Xunta vén de convocar a mesa industrial para buscar unha solución á situación actual de Vestas e manter o emprego na fábrica de Viveiro. A Consellería de Emprego e Igualdade convocou a xuntanza, á que están chamados a compañía, o comité de empresa e o Goberno central, para o próximo martes 5 de outubro en Santiago de Compostela. Na reunión estarán a propia conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde. 

A celebración desta reunión acordouse nunha xuntanza mantida esta semana cos traballadores para identificar posibles solucións de forma conxunta a un problema xerado pola errática transición enerxética que se está a desenvolver a nivel estatal. Neste senso, a Administración autonómica insiste na necesidade de que “todas as partes” asistan á reunión e de que o Estado, a través dos ministerios de Industria e para a Transición Ecolóxica, se implique para reverter a situación actual de Vestas e manter o emprego. 

manifestacion vestas 11
0.16012096405029