Contos para bebés este sábado en Burela
Este sábado 20 de marzo ás 18:30 horas Caxoto Díaz Valle, da compañía A Trastenda dos Contos representará no Auditorio Municipal de Burela Un conto para durmir! Trátase dunha función para bebés.
Chega a noite e con ela as mellores historias. Os mouchos abren un ollo e dispóñense a comezar o día, un feito extrano camuflado na escuridade ameaza con asaltar a nosa despensa, un neno prepárase para descubrir o lugar de onde veñen todos os risos. Un feixe de contos para bebés arredor da noite, un feixe de aventuras para vivir en familia, un feixe de emocións para descubrir o mundo que nos rodea. Unha función de contos para abrirse camiño ata a cama e deixarse levar cara ó mundo dos soños.
Actividade con entrada gratuíta organizada por Educando en Familia.