Continúan os traballos de mellora nos camiños forestais en Foz
Continúan os traballos de mellora nos camiños forestais do Concello de Foz, grazas ao aporte de maquinaria da Deputación de Lugo.
Despois de San Acisclo, San Martiño, Vilaronte e Santa Cilla, agora procederon a arranxar viais na parroquia de Cangas.
Ademais, proseguen os traballos na nova condución de abastecemento Vigo-Mañente, na parroquia de Vilaronte, que é unha obra necesaria, polas continuas roturas na antiga tubaxe.