Continúan os Mércores de Natureza no Vicedo coa subida do río Sor
AMariñaXa
Nestas semanas apostan polo programa Mércores de Natureza cos que poñen en marcha unha nova ruta que ofrece dúas sesións
13 Ago 2024
O Vicedo continúa coa súa programación sociocultural neste mes de agosto. Nestas semanas apostan polo programa Mércores de Natureza cos que poñen en marcha unha nova ruta que ofrece dúas sesións. O mércores 14 terá lugar, a partir das 10.00 horas, a Subida do río Sor en kayaks. A saída será dende o porto e o regreso farase en furgonetas.
Neste caso, a actividade ten un prezo de 17 euros e unha duración de 2 horas. Outra das propostas planificadas terá lugar o mércores 28, tamén a partir das 10.00 horas. Este día programan de novo a a Subida do río Sor en kayaks. Os interesados en participar deben facelo a través do número 982 590 195.