Continúan os concertos en Cervo este domingo
O Concello de Cervo, a través da Delegación de Cultura, retoma o ciclo de concertos A Caixa de Música este domingo na Praza do Souto. Será o primeiro concerto do ciclo neste ano 2022.
A actuación, que correrá a cargo do grupo No Cómbaro das Pontes, terá lugar este domingo, 20 de marzo, ás 13:30 horas na Praza do Souto de Cervo.
O ciclo de concertos A Caixa de Música pretende diversificar as actuacións musicais no municipio, ofrecendo un programa con estilos clásicos de bandas musicais da nosa contorna.
O programa vai dirixido a toda a familia, posto que os concertos están calendarizados en fin de semana ou festivos, á hora do mediodía, en diferentes emprazamentos da vila.
No mes de maio, en conmemoración do Día das Letras Galegas, haberá, ademais, unha actuación especial.
Para a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, trátase “dun xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que programamos ao longo de todo o ano no noso Concello. Porén, tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música diversos e para todas as franxas de idade.