Continúan medrando os casos activos, con especial incidencia na Mariña

AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid test antixenos
10 Mar 2022

Continúa o crecemento da covid cos novos contaxios por riba dos 200 e coas altas á baixo o que fai que os casos activos medren.

Así, hoxe hai 2.226 casos activos, 120 máis que onte, con 143 novos contaxios e 121 altas. Onte os casos subiron en 85, con 260 novos contaxios e 178 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 53.921 casos rexistrados e 313 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa fluctuando. A ocupación das UCI segue cun paciente e en planta son 41 (2 menos), 24 no de Lugo, 7 na Mariña (1 menos) e 10 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

A Mariña segue en aumento con Viveiro sumando casos por riba dos 20 diarios. Tamén destaca hoxe a subida das Pontes (18 máis) e a baixada de Sarria (13 menos).

Descende o número de concellos limpos de covid  a 7 (1 menos) e son 22 os que teñen menos de dez casos (1 menos).

A Mariña

  • Alfoz: 10 (1 menos).
  • A Pontenova: 10.
  • Barreiros: 10.
  • Burela: 87 (9 máis).
  • Cervo: 48 (9 máis).
  • Foz: 67 (3 máis).
  • Mondoñedo: 29 (3 máis).
  • Ourol: 12.
  • O Valadouro: 23 (1 menos).
  • O Vicedo: 14.
  • Ribadeo: 33 (3 máis).
  • Trabada: 10.
  • Viveiro: 280 (24 máis).
  • Xove: 56 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: Riotorto.
  • Sen casos nunha semana: Lourenzá.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 20 (4 menos).
  • As Pontes: 108 (18 máis).
  • Begonte: 18 (1 máis).
  • Castro de Rei: 46 (3 máis).
  • Cospeito: 15 (2 máis).
  • Friol: 10.
  • Guitiriz: 20 (3 máis).
  • Meira: 14 (3 máis).
  • Outeiro de Rei: 28 (1 menos).
  • Vilalba: 127.
  • Xermade: 13 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Muras, Pol e Rábade.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 41 positivos.
  • Baralla: 15 (1 menos).
  • Castroverde: 13.
  • Lugo: 1.022 (6 menos).
  • Monterroso: 14 (1 máis).
  • O Corgo: 16 (1 máis).
  • Portomarín: 10 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Guntín, Palas de Rei e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana limpo: Navia de Suarna e Negueira de Muñiz.
  • Quince días sen casos: Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 86 (13 menos).
  • Por debaixo de 10: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela e Samos.
  • Sen casos nunha semana: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 21.
  • Chantada: 94 (2 menos).
  • Monforte: 132 (8 menos).
  • O Saviñao: 25 (1 menos).
  • Pantón: 11.
  • Taboada: 13 casos.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Quiroga e Ribas de Sil.
  • Unha semana sen contaxios: Folgoso do Courel.
  • Quince días limpo: Sober.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
0.16695094108582