Continúan este sábado as presentacións literarias de Lareira de Soños

AMariñaXa
Os Vilares Lareira de soños e a Nova Poesía Guitirica NPG continuarán este sábado a programación de novidades literarias desta tempada.
1611489164342
10 Feb 2021

Os Vilares Lareira de soños e a Nova Poesía Guitirica NPG continuarán este sábado a programación de novidades desta tempada nas redes para ofrecer as últimas novidades literarias a través do Facebook destas entidades en directo.

Este sábado presentase Poema da Rúa das Aves de Miguel Barrera, obra gañadora do certame poético de Vilalba e editada por Editorial Alvarellos. Miguel Barrera é un poeta vilalbés residente en Madrid. Membro da Agrupación poética Nova Poesia Guitirica NPG e fai a súa primeira presentación pública despois da entrega do premio. A cita será, como no resto de actividades, ás 20.00 horas no Facebook do grupo.

O programa #DoTrinque xa programara en anos anteriores a estrea do grupo musical Xardín Desordenado en Guitiriz, o debut do grupo Corredores de sombra en Betanzos ou a presentación do poemario de Emilia Martínez Fuentes Lendas e versos en Vilalba, entre outras. Esta programación deu inicio coa presentación do libro Lareira de soños (Edicións Fervenza), de Pastora Veres, unha das impulsoras do proxecto dos Vilares e da NPG.

A seguinte cita será o día 2o coa obra de narrativa Pangalaica, de Xurxo Souto (Editorial Galaxia), para pechar o último sábado de mes con más poesía, da man de A guerra era contra nós, de Carlos da Aira ( Edicións Xerais).

No mes de marzo, Os rostros do frío (Edicións Fervenza) de Xulio Pardo de Neyra poderá verse o 6; a novela Abril, de Luz Darriba (Editorial Belagua) terá a súa presentación o 13; Bambán no vento (Fundación  Eomaia) de Hortensia Bautista e do colectivo poético Versos de area de Ponteareas e a artista Aurora Quinteiro, o 20; e Non estamos preparados para medrar (Editora Urutau) da poeta da Costa da Morte Teresa Ríos Noya será a última cita prevista.

A programación seguirá en abril con máis novidades literarias ás que calquera se poderá sumar en directo polo Facebook da Nova Poesia Guitirica NPG e posteriormente gravado en diferentes espazos das redes sociais e en YouTube.

0.18748188018799