Continúan as obras de limpeza e reparación de estradas en Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz continúa co seu labor de melloría da vila. Durante esta semana fixéronse varios traballos en diferentes puntos.
28 Xan 2021
O Concello de Foz continúa co seu labor de melloría da vila. Durante esta semana fixéronse varios traballos en diferentes puntos.
Así, destaca a hidrolimpeza da rúa Escura e do calexón da Viela, colocación de bionda en Bargado (Fazouro) no camiño á Edar, bacheo en Foz e San Martiño, execución dunha beirarrúa en Vilaxoane e subida ao instituto (que está en proceso de finalización).
Ademais limpouse a subida á capela de Ribela en Cangas, desbroces de camiños en Cangas e Nois, poda de árbores na área recreativa do Centro Social de Cangas, limpeza de novo acceso no Porto de Nois, montaxe da armadura de cimentación da nova rampla á residencia, reparación de canaleta na Barrosa (en Nois), e a execución de nova arqueta e imbornal en Forxán.