Continúan as clases de ioga para as crianzas en Cervo

AMariñaXa
Dentro da programación de Enredando no Verán, Cervo ofrece clases de Ioga para as crianzas que están a ter unha gran acollida
clases-Ioga-cervo
28 Xul 2024

Dentro da programación de Enredando no Verán, Cervo ofrece clases de Ioga para as crianzas que están a ter unha gran acollida. A tenente de alcaldesa, Mali Méndez, visitou unha das sesións que imparte a especialista Nuria Torrado no pavillón da Veiga, en San Ciprián.

Teñen lugar os martes, ás 12.00 horas para as crianzas de 6 a 9 anos, e os xoves, ás 12.00 horas para as crianzas de 10 a 12 anos. Son múltiples os beneficios do Ioga desde as idades máis temperás, entre eles, aprender a respirar, fortalecer os músculos, obter maior flexibilidade e equilibrio, mellorar a concentración, adquirir conciencia do seu propio corpo, aprendendo a recoñecer cada unha das súas partes e estimular a súa creatividade e imaxinación.

0.23653197288513