Continúan as actividades para a mocidade en Ribadeo

AMariñaXa
Este mércores, 10 de xullo, seguen as actividades para a mocidade organizadas polo Concello de Ribadeo
concello-de-Ribadeo-vista-2
concello-de-Ribadeo-vista-2
9 Xul 2024

Este mércores, 10 de xullo, seguen as actividades para a mocidade organizadas polo Concello de Ribadeo. Haberá Cine na Rúa a partires das 22.30 horas. No Campo de San Francisco proxectarase “Super Mario Bros. La película”. E o xoves, día 11, na pista de skate desde as oito da tarde ás doce da noite haberá sesión dj con Pedro Bermúdez. Desde a Concellería de Mocidade animan a gozar desta programación que daba comezo o pasado 3 de xullo e que se vai prolongar ata o 9 de agosto.

0.076020956039429