Continúa o Ludiverán en Alfoz para facilitar a conciliación

AMariñaXa
Coa finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán, Alfoz continúa a apostar polo seu programa Ludiverán
nenos-xogando
Foto recurso
6 Ago 2024

Coa finalidade de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán, Alfoz continúa a apostar polo seu programa Ludiverán. O servizo ampliou o seu horario. Deste xeito, ata o 30 de agosto, as familias poderán deixar aos seus fillos e fillas ás 9.00 ou ás 10.00 horas, segundo lles resulte máis conveniente, e poderán recollelos ás 13.30 ou ás 14.00 horas, adaptándose así ás necesidades específicas de cada unidade familiar.

Ademais, no municipio terá lugar uns cursos de natación para a cativada que se celebrarán nas instalacións das piscinas municipais polas mañás. Así ofrecen unha maior flexibilidade ás familias, garantindo que os nenos e nenas poidan gozar dun verán divertido e educativo mentres os pais e nais compaxinan as súas responsabilidades laborais e persoais.

O Concello está comprometido en proporcionar un entorno seguro, educativo e divertido para todos os nenos e nenas que participan no programa. Ademais, un ano máis, os rapaces e rapazas poderán gozar das Noites de Campamento que se organizarán na segunda quincena do mes de agosto.

0.18154096603394