Continúa o Ludiverán de Alfoz con moitas actividades para este mes
Continúa o campamento Ludiverán-Xogando en igualdade para nenas e nenos de 3 a 12 anos do Concello de Alfoz. Un éxito de acollida con todas as prazas dispoñibles cubertas.
No mes de agosto terán actividades tan interesantes como unha excursión á Lonxa de Celeiro onde coñecerán o mundo mariñeiro e se fomentará o consumo de peixe, así como a visita ao Servizo de Salvamento Marítimo, helicóptero incluído.
Ademais haberá dous días de Educación vial en colaboración coa DGT nos que se instalará no pavillón municipal un circuíto con sinais, semáforos, pasos de peóns, e nos que os participantes serán condutores (cars, bicicletas, patinetes...) e tamén peóns para reforzar os coñecementos tan necesarios en educación vial e que repetimos despois do éxito do verán pasado.
Tamén haberá consumo responsable, educación ambiental en colaboración co Ceida e Sogama, deporte, xogos, manualidades,...e rematarán o venres 26 cunha festa acuática na piscina muncipal.
Por outra banda, o 14 de agosto terán lugar, un ano máis as Actividades Fluviais da Deputación de Lugo. Alfoz é un dos dez concellos nos que se poderá disfrutar de inchables acuáticos, kaiaks, paddle surf, etc. no entorno do río Ouro en Carballido.
Está dirixido a todas as idades, destacando a participación dos máis novos.