Continúa o Domingueo en Ribadeo coa música como protagonista
AMariñaXa
Este domingo 5 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa.
3 Maio 2024
Este domingo 5 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Actuará o grupo Los Mendezcatos a partires das 13.00 horas nas inmediacións da praza de Abastos para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo.
Ata xullo a música chegará á avenida Rosalía de Castro, á rúa San Roque, á praza de
Abaixo e tamén á zona vella. Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar de todas as propostas que aquí van atopar todos os domingos do ano, ou en calquera outra xornada”.