Continúa o Domingueo en Ribadeo coa gastronomía e a música como protagonistas

AMariñaXa
O 28 de abril segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa.
 Domingueo en Ribadeo
26 Abr 2024

O 28 de abril segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo o grupo Eleven actuará na rúa San Francisco a partires das 13.00 horas para animar o tapeo e o vermuteo nesa zona da vila. Esta nova xornada poñerá a nota musical ao último día do Ribadeo de Tapeo, que se está a celebrar con moi boa acollida desde o pasado día 20.

A partires de aí e ata o mes de xullo a música chegará á contorna da Praza de Abastos, á avenida Rosalía de Castro, á rúa San Roque, á Praza de Abaixo e tamén á Zona Vella. Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo e a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.

0.15883803367615