Continúa o Domingueo en Ribadeo coa actuación de Fernando Corujo

AMariñaXa
Coa proposta do Concello e Acisa animan hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo
2024-Domingueo-en-Ribadeo
Presentación da cita
1 Xuño 2024

O 2 de xuño continúa o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo Fernando Corujo actuará a partires das 13.00 horas na rúa San Roque para animar a hora do vermú, dos viños e das compras en Ribadeo. Ata xullo a música chegará tamén á Praza de Abaixo o 16 de xuño e tamén á Zona Vella o 7 de xullo.

“Estamos contentos coa acollida que están a ter estes concertos por diferentes recunchos da nosa vila, porque enchen de ritmo os mediodías dos domingos”, sinalan desde a organización. Concello e Acisa animan “á xente de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar do Domingueo e de todas as propostas que aquí poden atopar en calquera momento”.

0.16270112991333