Continúa a Ruada de Contos en Viveiro

AMariñaXa
A Ruada de Contos é unha iniciativa que se consolidou como unha actividade estival para a cativada viveirense
libros
5 sep 2024

O Concello de Viveiro segue coa súa programación para a Ruada de Contos 2024, que este mes de setembro ofrecerá dous contos novos no Atrio de Santa María. O primeiro conto, "Fazulas e o ladrón de paraugas", será presentado por Bandullo Azul o xoves 5 de setembro. Ao día seguinte, venres 6 de setembro, o Mago Teto interpretará "As nosas letras". Ambos eventos comezarán ás 19:00 horas.

En caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan a realización no exterior, as sesións trasladaranse á sala multiusos do Concello de Viveiro. A Ruada de Contos é unha iniciativa que se consolidou como unha actividade estival para a cativada viveirense, e a edición deste ano arrancou no pasado mes de agosto. Segundo a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, o obxectivo é "converter o atrio de Santa María no escenario de fermosos contos que farán voar a imaxinación das nenas e nenos".

0.15975403785706