Continúa a mostra de Ángeles Costafreda en Sargadelos

AMariñaXa
A mostra está formada por 60 cadros de formatos diferentes como acrílicos, sumi-é tradicional ou de técnicas mixtas en tinta
exposición-Da-Cor-ao-Xesto
24 Xul 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a exposición Da Cor ao Xesto, pinturas e tintas Costafreda, que se inaugurou a mediados de mes en Sargadelos. A mostra, que se pode visitar ata o 15 de agosto, está formada por 60 cadros de formatos diferentes como acrílicos, sumi-é tradicional ou de técnicas mixtas en tinta.

Ángeles Costafreda é de orixe francés e reside na parroquia de Galdo (Viveiro). A natureza foi sempre a súa inspiración. Leva 25 anos dedicándose á arte, expoñendo e ensinando ademais de pintar e experimentar en cada momento. De feito, impartirá un obradoiro intensivo de pintura zen sumi os días 26 de xullo e 2 de agosto.

Esta actividade conta cunha subvención do concello, polo que será gratuíta para todos aqueles que desexen iniciarse no mundo artístico. A artista tamén participou en exposicións individuais, colectivas, galerías e feiras de arte dende 1987, recibindo premios en varias ocasións, nas que se valorou a súa limpeza en cor, pincelada atrevida e poética da súa obra.

0.19428610801697