Continúa a campaña de compostaxe do concello da Pontenova
AMariñaXa
A Pontenova está a repartir entre a súa veciñanza un kit de compostaxe a base de composteiro, aireador e termómetro.
19 Abr 2024
A Pontenova está a repartir entre a súa veciñanza un kit de compostaxe a base de composteiro, aireador e termómetro. Aínda que xa quedan poucas unidades, a campaña remata o vindeiro 30 de abril. Os interesados deben dispoñer dunha parcela para o uso do compost obtido, xa sexa horto ou xardín, cunha superficie mínima de 25 m2
Os participantes deberán estar especialmente concenciados coa importancia do proxecto e cos obxectivos que se perseguen. Os destinatarios dos cubos recibirán visitas no seu domicilio para asegurase do axeitado funcionamento do mesmo, así como para resolver as dúbidas que puidan xurdir.