Conta atrás para o play-off exprés do Pescados Rubén feminino

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Ao Pescados Rubén Burela FS preséntaselle o play-off exprés polo título de liga feminina como horizonte máis inmediato.
9 May 2020

Ao Pescados Rubén Burela FS preséntaselle o play-off exprés polo título de liga feminina como horizonte máis inmediato. Tras a aprobación desta mañá por parte da Comisión Delegada da RFEF sobre a proposta de resolución de competicións non profesionais, as Guerreiras Laranxas poñeranse a traballar con todos os protocolos de seguridade para presentarse na data, hora e sede indicadas polo órgano competente para púgnaa polo galardón.

Futsi Atlético Navalcarnero, Pescados Rubén, Ourense Envialia e Alcorcón FSF, os catro primeiros clasificados, serán os candidatos ao trofeo de 2019-20, nunha cita sen afluencia de público.

O Pescados Rubén volverá contar con dobre representación na elite en 2020-21. A falta de 7 xornadas e con 21 puntos en xogo, o conxunto masculino mantén a categoría, de acordo coa disposición de dar por finalizada a competición sen descensos (en todas as categorías de fútbol sala).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16742396354675