Conta atrás para o Festival das Minas na Pontenova

AMariñaXa
A Praza dos Fornos acollerá unha nova edición este 14 de decembro
festival-minas
1 Dec 2024

Volve o Festival das Minas de A Pontenova cunha nova edición o 14 de decembro, organizado pola Asociación Cultural e Deportiva As Minas.

A Praza dos Fornos acollerá unha nova edición cunha proposta para todos os públicos, musical, cultural e gastronómica. Como prato forte, Xosé Antonio Touriñán co seu show 'Aquí Tou', no que repasa momentos clave do seu camiño vital cos que galegos e galegas sentirán identificados.

O sábado 14 de decembro terá lugar ás 12.00 horas a Ruta das Minas; ás 14.00 horas, a sesión vermú; ás 17.00 horas, interacción infantil cos Bolechas; ás 17.40 horas haberá contacontos inclusivo, DI y los Amorodos; ás 18.00 horas, de novo interacción infantil cos Bolechas; ás 19.00 horas o grupo Tambukda de Lugo polas rúas e bares da vila; ás 20.00 horas haberá degustación de balde de callos, amenizada polo Grupo Tambukda e DJ Inclusivo Moncho; xa ás 22.30 horas, Xosé Antonio Touriñán coo show 'Aquí Tou'; e ás 23.59 horas, a actuación musical de Gin Toni's.

0.1662118434906