Construirán un centro social na Ría de Abres, en Trabada
AMariñaXa
A institución provincial achegará 190.000 euros e o Concello asumirá unha cantidade de 6.253,60 euros
26 Xul 2024
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou un acordo co municipio de Trabada para a construción dun centro social na Ría de Abres. Para levar a cabo este proxecto, a institución provincial achegará 190.000 euros e o Concello asumirá unha cantidade de 6.253,60 euros. Pablo Rivera destacou que “será un edificio de planta baixa, en forma rectangular, que contará con salón social, baños e diversas zonas comúns para realizar actividades”.