Confirman as datas da sétima edición da Ruta da Troita da Pontenova

AMariñaXa
O grupo Os Fozamontes organiza a cita para os amantes do motor
Fozamontes-4x4
7 Ago 2024

Os motores volverán facer ruxir a Pontenova un ano máis. O grupo Os Fozamontes do concello programa unha nova edición da Ruta da Troita, unha xuntanza habitual no calendario do municipio e para os afeccionados do motor que chega a súa sétima convocatoria. A cita terá lugar os días 14, 15 e 16 de marzo e será unha xuntanza para todos os amantes dos coches, das motos, dos quads, atv e utv que poderán participar cos seus vehículos.

Nas últimas edicións na primeira xornada tiña lugar unha presentación da ruta 4x4 e unha degustación de petiscos. Ao día seguinte, organizaban a propia ruta na que os presentes gozaban de boa música como noutras ocasións e desfrutaban do trial de obstáculos e de velocidade.

0.19320702552795