Confirmada unha nova edición das Xornadas de Historia Local de Lourenzá

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Lourenzá confirmou unha nova edición das Xornadas de Historia Local, que celebrarán nesta ocasión a terceira edición, segundo explicou o edil Manuel Arango.
11 Xan 2019

O Concello de Lourenzá confirmou unha nova edición das Xornadas de Historia Local, que celebrarán nesta ocasión a terceira edición, segundo explicou o edil Manuel Arango. Aínda que as datas están sen confirmar, augúrase que este ano serán en febreiro.
Como en edicións anteriores, estas xornadas ocuparán toda unha fin de semana, que comezará cun acto oficial de inauguración e despois será a quenda das charlas sobre a orixe e evolución histórica.

Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá e colabora a Deputación de Lugo.

Nas edicións anteriores contaron cunha gran aceptación, razón pola que esperan continuar con novas citas culturais.

0.13154602050781