Coñécese a fotografía gañadora do concurso 'O mellor recuncho de Mondoñedo'
Vén de reunirse o xurado designado polo Concello de Mondoñedo para valorar as fotografías presentadas ao IX Concurso de Fotografía 'O Mellor Recuncho de Mondoñedo' e, da súa xuntanza, derivouse a seguinte terna de gañadores: o primeiro premio foi para Francisco Javier Redondas Maseda, o segundo para Marcos Candia Cuba, e o terceiro para Gonzalo Villarmea Carreiras.
Para o concurso presentáronse 31 fotos das que, ademais da terna de gañadores, extractáronse outras 10 fotos máis a criterio do xurado, que xunto coas tres premiadas conformarán as imaxes do calendario do Concello de Mondoñedo do ano 2025.
A entrega de premios, que terá lugar nos vindeiros días e coincidirá coa presentación do calendario oficial do Concello de Mondoñedo.
Concello e xurado agradecen a participación cidadá neste concurso e emprazan á veciñanza para o concurso do vindeiro ano.